Infografía sobre los símbolos de las etiquetas de ropa

Símbolos das etiquetas de roupa – Cómo interpretalos

Se és das persoas que se preocupa por coidar do seu vestiario, estarás acostumad@ a ver determinados símbolos nas etiquetas da roupa. Como saberás, estos iconos refírense ás precaucións que debemos ter á hora de lavarsecarpasar o ferro, usar blanqueantes ou, incluso, ó limpialas na tintorería.

Algúns son coñecidos e sabemos a qué se refiren con facilidade, pero outros son tan pouco habituais ou extranos que resultan difíciles de entender. ¿A que pasouche?

Nesta breve guía, explicámoste todos e cada un deles clasificados por accións, para que poidas atopalos de forma doada e entender a qué procesos mecánicos, manuais ou químicos sométense cada unha de vosas prendas de roupa favoritas. ¿Imos a elo?

Lavado: O momento chave para coidala roupa

Á hora de facer a colada é moi importante seguir as instruccións do fabricante, xa que o lavado é un dos procesos máis habituais ó que sometemos a nosa roupa e, polo tanto, onde poden sufrir máis danos.

Pode parecer unha tontería pero se o pensas, ó longo da vida útil dunha prenda, ésta entra en contacto con deterxentes, suavizantes e centrifugados con moitísima frecuencia. De feito, accións como lavar a roupa do revés ou aplicar determinados programas da tua lavadora, axudarán a que conserves a roupa durante máis tempo.

Non todas as prendas poden lavarse a máquina; algunhas son tan delicadas que únicamente poden limparse a man. Outras só soportan ciclos de lavado concretos ou temperaturas que non poden sobrepasar unha cifra determinada.

El proceso de lavado de la ropa

Fíxate en que os iconos utilizados para informanos sobre o proceso de lavado, soen amosar o típico barreño que usaban as nosas avoas :-). Se atopas debuxada unha man no seu interior, quere dicir que deberás lavar esa prenda manualmente ou cun programa de limpeza para tal fin da tua lavadora. Se aparece o símbolo sen nada máis, podes metelo na  lavadora sen preocuparte.

É habitual atopar algunha restricción na temperatura máxima a utilizar. Se é así, a verás indicada dentro do símbolo con números ou puntos.

Por último, debaixo do barreño poden aparecer ás veces unha ou duas raias horizontais. Esto quere dicir que a prenda necesita lavarse usando un ciclo reducido ou antiengurras ou ben, un ciclo delicado, respectivamente.

Ó final do artigo, atoparás a infografía sobre os símbolos das etiquetas de roupa referentes ó lavado.

Limpeza en seco: os símbolos nas etiquetas de roupa que deben coñecer os profesionais

Imagen de prendas de ropa en una tintorería

Estos símbolos están feitos para ser interpretados por profesionais da limpeza.

Polo xeral, non son iconos que precises coñecer para o coidado diario da tua roupa, pero sí te convén saber que se os atoparas, estarás ante unha prenda que non poderás limpar xunto có resto do teu vestiario, xa que requiren coidados específicos que non se poden facer na casa.

O máis normal é que teñan que limparse en seco, cunha determinada humidade ou incluso con disolventes, cloro o hidrocarburos.

Secado: Le os símbolos da etiqueta da tua roupa para evitar que pasen a mellor vida

Cando falamos do secado nas prendas de roupa, normalmente caemos no erro de pensar exclusivamente nese electrodoméstico tan codiciado nalgunas casas como é a secadora.

Símbolos en las etiquetas de ropa: Secado

Se che pasou iso benvid@ ó clube, xa que nas etiquetas de roupa non só se especifica mediante símbolos se pódese ou non introducir esa prenda na secadora, senon que ademáis poden chegar a darnos instrucciones sobre se hai que deixar que escorra soa, se temos que tendela en horizontalcolgala á sombra ou secar a máquina con aire frío, etc.

O igual que ocorre cós símbolos de lavado, algúns deles poden levar unhas líñas horizontais abaixo para indicar o grao de delicadeza có que secar a prenda. Noutros atoparás puntos para indicar a intensidade de temperatura a aplicar

Todo un sen fin de posibilidades ó que podes votarlle unha ollada o final do artigo e que ordenamos por secado “mecánico“, “mecánico + temperatura” e “natural” para que os atopes nun abrir e pechar de ollos.

Quedámonos có de “escorrir“. ¡Ten un diseño que nos encanta!

Blanqueado: O aliado que pode voltarse un inemigo da tua roupa

Esta acción tamén está contemplada nos símbolos que aparecen nas etiquetas da roupa.

Normalmente usamos productos químicos como a lixivía ou outras solucións a base de cloro para eliminar a gran maioría das bacterias que acumúlanse nas nosas prendas e suprimir os malos cheiros provocados polas mesmas.

Ropa blanca a la que se le pueden aplicar blanqueadores.

Hai quen tamén as utiliza a conciencia (en jeans ou camisetas, por exemplo) para darlle un efecto desgastado ou descolorido á roupa, sabendo que ésta vai perder a súa cor orixinal.

Se non queres estragar as fibras das túas prendas, facerlles perder a cor ou se, ao contrario, queres facer que luzan tan brancas como o primeiro día, asegúrate de que podes usar blanqueadores sen estragalas.

Identificarás de forma moi doada os símbolos relacionados con esta acción, xa que están formados por un triángulo; en sinal de advertencia ante o que podemos chegar a provocar na nosa roupa.

Ferro: A engurra é bela, ás veces

Planchado: un punto a tener en cuenta en el etiquetado de la ropa

O último grupo de símbolos que podemos atopar nas etiquetas de roupa, é o relacionado có ferro.

Non hai moito que dicir. Se és unha persoa que gústalle vestirse coma un pincel, debes ter en conta que a prenda poda ou non ser pasada polo ferro (dependerá principalmente do tipo de texido da roupa en cuestión), ademáis de se podes usar vapor para eliminar as engurras máis pronunciadas e qué temperatura aguanta a tua prenda como máximo (identificada cuns puntiños, como nos iconos vistos anteriormente).

Guía de símbolos para o cuidado da túa roupa

Sen máis, aquí deixámoste unha exhaustiva infografía onde recollemos os iconos máis utilizados e recoñecidos internacionalmente polo sector textil, con información para protexer e manter a túa roupa como o primeiro día.

Infografía sobre símbolos de las etiquetas de ropa - Green&Grey

 

Esperamos que este artigo fora da túa utilidade e animámoste a que nos deixes as tuas impresións nos comentarios.

¿Descoñecías o significado de algúns destes símbolos?, ¿És dos que presta especial atención o coidado da túa roupa?, ¿Tes algún truco para conservar as cores e as forma das túas prendas como se as acabaras de mercar?

Cóntanos e compárteo con outr@s fashion lovers coma ti.

Suscribirse
Notificar de
guest
0 Comments
Comentarios en línea
Ver todos los comentarios

Pin It on Pinterest