Tipos de pantalóns - Guía definitiva sobre tecidos, efectos y perneiras

Guía definitiva sobre tipos de pantalóns 2020

¿Algunha vez pasouche iso de ir mercar uns pantalóns e verte abraiado ante a cantidade de nomes e cortes diferentes que existen no mercado? Imos probar poñerlle remedio a esa sensación con esta guía completa sobre os tipos de pantalóns que podes atopar en tendas e aproveitaremos para explicarte cales son as características que os diferencian entre sí.

¿Queres aprender con nos o que significan palabras como “skinny”, “bootcut” ou “tapered” y desfacerte de todas as túas dúbidas? Pois continúa lendo e entérate de todo.

¿Fai falla ter un máster para mercar uns pantalóns?

A resposta obviamente debería ser non, pero sí é certo que na última década esta prenda de roupa vivíu unha explosión de creatividade, tanto en materiais como en morfoloxía, que ben podería facernos pensar o contrario.

Xa non nos limitamos a mercar o clásico pantalón recto ou o acampanado, que ademáis quedaban restrinxidos a uns tecidos concretos en función do resultado que se pretendía buscar.

Agora existen infinidade de materiais e tipos de pantalóns, desde denim a chinos, pasando por joggers ou jeggings, todos teñen unha intención concreta que non é máis que adaptarse aos diferentes tipos de corpo e ó estilo persoal de quen os viste.

Esta gran variedade fixo que, se non estás familiarizado cós términos que se emplean para a súa clasificación, aclararse durante a compra dun pantalón en concreto, poida ser como construir un cohete: toda unha odisea para a maioría dos mortais.

Tecidos, efecto e pernas. Ahí está a cuestión.

Á hora de elexir uns pantalóns, temos que fixarnos nestes 3 factores.

Tecidos: para gustos, tipos diferentes

Sería difícil numerar todos os tecidos que existen na actualidade para unha prenda tan común como o pantalón, ainda que se queres profundizar neles, neste artígo sobre tipos de telas e tecidos de VestuarioCR, recollemos unha amplia selección deles.

Un aspecto a ter en conta é que algúns tecidos non admiten a confección de determinados tipos de pantalóns. Polo tanto, para lograr o efecto desexado e que a prenda se adapte á necesidade que queremos cubrir no noso corpo, temos que pensar nela como a combinación entre a composición do tecido e do corte ou tipo de patrón.

Detalle de botonera de pantalón vaquero

Por exemplo, os vaqueros e chinos xeralmente fabricados en algodón, e ós que se lles incorporou na súa composición outros tecidos elásticos, préstanse a xogar con multitude de efectos, estampados e cortes diferentes. Para mostra, o que sucede coa tendencia animal print, moi de moda actualmente.

Con todo, o liño que é outro tipo de tecido moi empregado na fabricación de pantalóns, non é nada elástico e o seu uso queda relegado a cortes rectos.

Tipos de pantalóns por efecto: un factor determinante para elexir un pantalón

Moitos son os efectos que podemos conseguir cun “simple” pantalón. Á disposición dos pespuntes, a forma das costuras, a adaptación de diferentes elementos como o talle ou as dimensións das conturiñas, xogan un papel chave á hora de atopar o resultado pretendido.

Algúns dos efectos máis frecuentes son:

Push up

Se trasladamos o concepto dende o mundo dos bras ó dos pantalóns, podes deducir de forma doada que o efecto que conseguiremos con eles é o de realzar os glúteos e a parte superior de nosas pernas e en definitiva, nosas curvas.

Tipos de pantalones: Efecto Push up

Asos

Esto consíguese gracias á colocación estratéxica das costuras en posicións que permiten elevar desde a cadeira tanto o cuíño como os muslos.

Push in

Este tipo de pantalóns van alcanzar o mesmo efecto que conseguiríamos cós push up pero ademáis, a súa cintura alta ata o embigo, reduce o volume abdominal, o que favorece o efecto de ventre plano.

Pantalones de efecto push-in

nayaonlinestore.com

Reductores

Caracterízanse por ter o tiro alto e unha cintura ancha e redondeada que, como o seu propio nome indica, consegue un efecto adelgazante principalmente no abdomen.

Pantalón con efecto reductor

mcelhinneys.com

Relaxed

Estos tipos de pantalóns caracterízanse por seguir un corte recto e solto na perna. Ademáis, o tiro soe ser alto o igual que a cintura. Perfecto para persoas que teñan o tren inferior delgado, xa que non marcan a silueta e eliminan o efecto “palo”.

Pantalón relaxed

Columbia

No Gap

Trátase dun corte bastante recente no que a estilos refírese. Se tes a cadeira ancha e a túa cintura é estreita, estos pantalóns pódenche quedar estupendamente, xa que adáptanse perfectamente a ambas partes do corpo sen dar a sensación de que sobre tecido por algún lugar.

Pantalón efecto No Gap

Nyandcompany

Tipos de pantalóns por perneira

Elexir o tipo de perneira adecuado, é un factor determinante á hora de seleccionar o pantalón que mellor se adapta ó noso corpo. Existen todas estas configuracións:

Skinny / Skinny Fit

Este adxetivo utilízase para definir aqueles pantalóns que contan cun corte axustado en toda a súa estructura. A cintura é de tiro baixo e caracterízase por estilizar a perna no seu conxunto, especialmente desde o xeonllo e ata os nocellos.

Estes pantalóns soen ter unha composición que mistura o tecido principal con outro con propiedades elásticas, aínda que tamén podes atopalo sen esta característica.

Se decímosche que se coñecen tamén como pantalóns pitillo, seguro que este termo agora te resultará máis sinxelo de lembrar.

Pantalón de corte skinny

Lulus.com

3 subxéneros

Tamén podes atopar referencias á versión super skinny, que son moito máis axustados que o estándar. Cambia na composición engadindo unha porcentaxe máis elevada de elastano ou outras fibras flexibles, o skinny regular, que ten a cintura normal dun pantalón deste tipo de corte (é o equivalente á referencia skinny) e os Skinny high de perna axustada e talle alto.

Slim / Slim Fit

Deste tipo de pantalón, que podes atopar por ambos nomes, podemos dicir que é a evolución do skinny hacia unha estructura algo menos axustada. Atopámonos ante un tiro medio de cintura cunha simetría recta e regular, así como cunha perneira estreita. A diferencia do estilo anterior, tanto en nocellos como en muslos seguen quedando axustados pero gozan dunha maior confortabilidade, non quedando tan ceñidos como os skinny.

Pantalón de corte slim

Dentro desta variedade, existe un subxénero chamado Slim carrot que como poderías adiviñar, segue a forma dunha cenoria, é dicir, máis amplo da parte da cintura e muslos e máis estreito dende os xeonllos e ata os nocellos.

Straight / Straight Fit

É o modelo de pantalón máis vendido da historia. E eso débello aos vaqueros con remaches inventados pola popular marca estadounidense que seguro estache vindo á cabeza. Aquel diseño inicial, perdurou ata os nosos días como o corte clásico e tradicional que é; rectos de xeonllo a nocello e soltos e confortables aos muslos.

Pantalón de corte straight

Regular / Regular Fit

De tiro medio, parécense aos straight ainda que diferéncianse destes en 2 características: son máis anchos en toda a estructura da perna e ademáis, destacan por ser máis longos na parte final, o que permite eliminar esa sensación de proporcionalidade nos nocellos que se tiña có corte clásico.

Estos tipos de pantalóns forman uns pliegues na parte final do pantalón, que trasfiren unha sensación de uso moi agradable e confortable.

Tipo de pantalón regular

store.grimey

Bootcut

Este modelo é bastante curioso. Lembrades os pantalóns de campana? Pois non chegan a ser exactamente así, pero pouco fáltalles. Están diseñados para vestilos con calzado de caña alta ou botas, xa que son algo máis anchos entre o nocello e a pantorrilla que a estructura que segue a nivel dos muslos, con tiro medio e máis parecidos nesta sección ao regular ou o straight. Comparten a mesma confortabilidade, pero lembra, o seu obxectivo é combinalos con zapatos para os que se necesite especial que o baixo non quede axustado.

Pantalón estilo bootcut

bigcommerce.com

Capri

Tamén coñecidos como pantalón pirata. Non hai moito que engadir sobre este modelo de pantalón, salvo que a perna debe rematar a media ou xusto baixo a pantorrilla, ainda que algunhas versións (os chamados tobilleros) levan o longo máis abaixo.

Os atoparás combinados con outros cortes como o skinny, acampanados, rotos…

Ideales para amosar un zapato ou bota elegante.

Pantalón de corte capri

lindybop.co.uk

Flare / Wide Leg

O nome “chic” para referirse aos pantalóns de campana. Como sabes, perneira máis estreita do muslo e moito máis ancha dende a pantorrilla e ata por debaixo dos nocellos.

Tipos de pantalones - Flare

Asos

Cigarette

Como os leggins pero en pantalón. Tiro ata o embigo, elásticos e ceñidos ata os xeonllos e corte recto hacia abaixo. Xeralmente, soen ser pantalóns nocelleiros cós que presumir de calzado.

Pantalón corte cigarette

Gap

Tapered / Tapered Fit / Regular Tapered

Este corte é un híbrido entre 2 estilos dos que xa falamos unhas liñas máis enrriba: slim e regular. Caracterízase por ter unha forma cónica invertida, sendo de nocello a xeonllo axustado e de xeonllo a cadeira máis ancho mantendo o corte clásico.

Con él podes obter unha forma máis holgada no muslo e máis ceñido na parte inferior da perneira.

Tipo de pantalones - Tapered

Existe unha versión Slim tapered, que estreita a forma cónica na parte da pantorrilla, marcando máis a zona de pantorrilla e nocello.

Stretch

Todo un “must have” nos últimos anos e que podes atopar tanto en algodón como en poliéster. Puxéronse de moda en jeans, leggins e outros tipos de pantalóns e a súa peculiaridade radica en que son prendas totalmente elásticas (cunha porcentaxe do compoñente flexible máis alto que en outros cortes e que soen engadir á composición elastano, Lycra ou outras fibras sintéticas).

Estos pantalóns son axustados, pero máis flexibles que os slim e adáptanse ao teu movimento mantendo o aspecto das tuas curvas sen variacións.

Tipos de pantalones - Stretch

Palazzo

Caracterízanse por ter unha perneira moi ancha e un corte totalmente recto. Soen ir acompañados por un adorno na cintura, ao estilo dun lazo, volante, etc. E ao igual que aos pantalóns tipo baggy, non é raro atopalos con un reforzo elástico ou de cordón na cintura.

Pantalón de corte Palazzo

bigcommerce.com

Boyfriend

Este tipo de pantalón de nome tan curioso có que dase a entender que roubáchellos á túa parella (o ben que teñen un aire masculino), posee un corte recto na súa totalidade, pero ademáis son algo máis anchos ou holgados do normal (de ahí o símil), o que confírelles un look ideal para disimular a nosa silueta ou conseguir un efecto desenfadado. O tiro é baixo para potenciar o efecto e na parte final da perneira, xa casi no nocello, estréitanse un pouco.

Tipos de pantalones - Boyfriend

Cropped

Ou o que é o mesmo, aqueles que rematan un pelín por enrriba dos nocellos. Como os cigarette, con este corte debes ter en conta o calzado có que os combines xa que tamén serán protagonistas do teu look.

Pantalón estilo cropped

shopperboard.com

Baggy

Soen ter un sinónimo un pouco despectivo (cagaos 😊) e outro máis agarimoso (bombachos) xa que a súa principal característica é o seu tiro extremadamente baixo e unha amplitude de perneira característica que lles confire unha absoluta comodidade en función do estilo que se quera buscar.

Atoparás algúns modelos con cinturiña e/ou puños elásticos e outros acabados axustados ao nocelo ou regular.

Tipos de pantalones - Baggy

beautifulhalo

Bleached

É posible que viras este término nalgunhas etiquetas de roupa, a modo de advertencia para evitar o uso de lixivia na prenda. Estes tipos de pantalóns distínguense claramente dos demáis, por ter o texido blanqueado ou ao incorporar efectos de salpicaduras de pintura ou líquidos neles, confiríndolles unha apariencia evidente de desgaste; similar a se tiñan sido tratados con algún tipo de decolorante.

Quizás poidan parecerte arriscados, pero se o que buscas é atopar un estilo diferenciador, é unha solución estupenda.

Pantalón con efecto bleached

macyassets

Ripped / Distressed

Á traducción podería ser como se saliras da gaiola dos tigres e éstes ensañáranse cos teus vaqueros. Dáselles este atributo a todos aqueles pantalóns que teñen como adorno seccións rotas, deshilachadas ou parcheadas simulando haber perdido algunhas das suas capas exteriores.

Existen multitude de combinacións, case tantas como opcións existen de romper un pantalón.

Tipos de pantalones - Ripped

lookastic.fr

Mom

Seguro lémbraste da década dos 90 por aquela cintura moi alta e a perna completamente recta, con aire ancho de muslo a nocelo. Ollo, porque non pasan de moda, sintan por igual a todo tipo de corpos e poden axudarte a dar unha sensación máis alta á túa estatura.

Pantalón de corte mom

A vosa opinión interésanos

Esperamos que esta guía sobre tipos de pantalóns seavos moi útil para resolver as dúbidas que os poidan surxir á hora de elexir o pantalón perfecto e que mellor se adapte aos vosos gustos e necesidades.

Si botas de menos algún corte, efecto… que se nos pasara no artigo, non dubides en dicírnolo para completar a info.

Dinos qué tecidos ou tipos de pantalóns atráenche máis, cal non te atreverías a vestir ou qué modelo é o que non pode fallar no teu armario. Estaremos encantados de ler as tuas opinións

Suscribirse
Notificar de
guest
0 Comentarios
Comentarios en línea
Ver todos los comentarios

Pin It on Pinterest