Modelo posando con vestido de leopardo nun parque. Foto de portada do artigo: "Animal print: tendencia de moda do máis salvaxe".

Animal print: A tendencia máis salvaxe do momento

Seguro que nalgunha ocasión oíches falar deste concepto tan presente no mundo da moda. E non é para menos, xa que o “animal printmarca tendencia tempada tras tempada. É un “must have” que tes que ter no teu armario en forma de vestidos, blusas ou pantalóns e incluso, de zapatos e complementos.

Neste post explicarémoste qué é o “animal print” e cómo surxe esta tendencia, cómo podes combinar este tipo de prendas para mellorar o teu estilo e cales son as pezas e estampados que máis lévanse.

¿Qué é o “animal print”?

¿Qué es el "animal print"? Fotografía de un leopardo en blanco y negro

Aditya Singh—Flickr RF/Getty Images

En moda (agora verás por qué facemos esta puntualización), é a forma inglesa coa que nos referimos ós estampados que imitan o texido natural de determinados animáis.

Os máis habituais e que podes atopar coa maior facilidade son os que reproducen o pelo de leopardo, cebra, xirafa e serpe.

Tamén existen estampados menos comúns que imitan o texido do leopardo das neves, o dos dálmatas e incluso o da vaca. Como ves, é un mundo cheo de posibilidades 🙂

Unha tendencia actual do “animal print” consiste en incorporar tonalidades que non están presentes na natureza como o vernello, o verde ou o turquesa.

É tal a febre polo “animal print” que da roupa trasladouse incluso á decoración de uñas ou ao  ¡fondant!

¿Cómo surxe o boom desta tendencia?

Como xa saberás, o uso deste tipo de estampados non é unha novidade no mundo da moda. Está aquí dende a prehistoria. Polo tanto, podemos consideralo un clásico que experimentou un boom nos últimos anos.

Tradicionalmente utilizáronse peles naturais para obter estas prendas, o que supoñía como é obvio, ter que reproducir en catividade e sacrificar estos animais, moitos ameazados e en risco de extinción, polo simple feito de obter a súa pel.

Afortunadamente, consumidores e industria obtiveron conciencia sobre este feito e grazas ó uso de materiais naturais de orixen non animal ou sintéticos, de tintes e de novedosas técnicas de estampado que permiten rachar a monotonía e mesturar estilos, o “animal print” vive unha nova idade de ouro.

Consellos para lucilos da forma máis “top”

Probablemente penses que utilizar este tipo de estampados pode resultar moi atrevido en determinados ambientes. Non serías nin a primeira nin o último que cree que está alexado do seu estilo ou que non lucirá correctamente no seu corpo.

Aunque a tendencia “animal print” poda parecerte abrumadora, créenos, esa creencia ten os minutos contados para ti, independentemente de si és moza ou mozo.

Proporciones en el animal print

Moitos clientes de Green & Grey cóntannos que o principal motivo polo que parécelles arriscado introducir estas prendas no seu outfit diario, é por que parecelles difícil de usar e combinar.

Nada máis lonxe da realidade. ¡Xa verás!, é máis sinxelo do que parece.

Cós consellos prácticos que imos a descubrirte a continuación, ti mism@ serás capaz de atopar o equilibrio perfecto ó usar “animal print”.

Lánzate sen medo e engádelos ó teu ‘street style‘ ou ó teu ‘working look‘. Sal da monotonía e dalle cor á túa vida. ¡Cómete a rúa!

Adapta a tendencia “animal print” ó teu corpo

Este consello non só é válido para este tipo de estampado; é aplicable a calquera outro.

Como sabes, soen contribuir á percepción de que o noso volumen corporal é maior nas zoas do corpo onde vistese.

Ninguen mellor que ti coñece as túas fortalezas e defeitos; aquelas zoas que  encántanche lucir e outras que prefires que pasen inadvertidas.

Morfología de mujer

Para as primeiras e se queres resaltalas, opta por estampados de tamaño mediano ou grandes. Se queres que pasen desapercibidas, elixe motivos máis pequenos.

Se es de complexión flaca ou tes unha estatura alta, é mellor que non os uses en blusas, camisas ou saias longas porque ampliará as proporcións do teu corrpo. Nese caso,  aconsellámoste optar por saias de tubo, vestidos dunha peza ou camiseta de tirantes.

Se a tua estatura é baixa ou veste un pouco curvy, é mellor que reduzas as simetrías para compensar o efecto de volumen ou que elixas estampados máis cargados para enganar á vista. Escolle vestidos longos ou que che queden xusto por debaixo dos xeonllos. Poden ser de corte imperio ou similar e se na parte inferior teñen algo de voo, moito mellor. Dalle un toque oscuro cun zapato, bota ou botín e verás que ben che queda.

Igualmente, evita os detalles na cintura e non elixas prendas demasiado axustadas ou holgadas tanto en pantalóns como en blusas ou camisetas (a  manga ó cobado e o pescozo ou escote en V son ideais). Os tonos neutros irán de maravilla e se queredes enfatizar unha parte do voso corpo que teña menos volumen, un truco é elexir unha prenda máis colorida para ese lugar 😉

¿E para os mozos?

Animal print hombre

O noso consello se es flaco ou alto é similar ó das mulleres.

Se queres marcar a túa musculatura, escolle prendas slim con estampados grandes. As chaquetas longas e cardigans de cremallera ou botóns en tonos claros e estampado de cebra, quedaránche de luxo.

Animal print hombre chaqueta

Polo contrario, se queres disimular a túa altura ou corpulencia, podes escoller chaquetas con detalles de leopardo e acabado oscuro, combinar unha camisa “regular fit” deste estilo con prendas denim ou elexir complementos como zapatos, pano ou garabatas que te axuden a darlle un toque “animal print” ó teu estilismo.

Por certo, a barba e este tipo de estampados, pode facerche lucir do máis atractivo.

O pouco gusta, o moito (case seguro) cansa

O refraneiro é sabio, e neste caso vennos xenial para explicarte cómo tes que usar este tipo de estampados, o menos posible, se non estás moi familiarizado con eles.

Se te aproxímas por primeira vez ó “animal print” ou estás á procura dun look sinxelo que utilizar a diario, o máis aconsellable é que o vistas de forma equilibrada e que non o convirtas de entrada nun “total look“.

O estampado pode ser o protagonista perfecto do teu estilo se non o levas ó exceso. Misturado con outras prendas lisas en cores neutras, tanto claras como oscuras ou tonos terra (veñen pisando forte). Introduce unha cor viva ou incluso combínala con texidos denim. Tamén podes engadir un toque discreto en complementos como fulares, zapatos, bolsos ou bisutería.

Total animal print

Jonathan Daniel Pryce

Se prefires dar un punto diferente e máis osado o teu estilo, alguns diseñadores propoñen subirse o tan de moda “total look” que nomeamos antes. Se o fas, aconsellámoste misturar diferentes estampados “animal print”, ou ben combinar éstes con moles ou flores.

¿Queres ir ó seguro?, ¡segue o teu instinto para sentirte cómod@ coa tua elección!

A cor síntalle xenial á tendencia “animal print”

Firmas como Gucci ou Burberry están apostando nas súas derradeiras coleccións por renovar os seus estampados clásicos engadindo tonos vivos e artificiais como o flúor. Sobre todo, contrastan có negro nos “print” de leopardo ou pitón e consiguen crear efectos increíbles e diferentes.

A palma levanna os acabados neón sobre pel de serpe e a base vermella ou burdeos sobre motivos oscuros. ¿Atréveste a innovar? Esta combinación é o máis ‘trendy‘ do momento.

Animal print y colores vivos en chaqueta

Se non gústache ser tan osad@ pero queres arriscar con algo máis sinxelo, unha prenda en cores vivas (borgoña, azul, violeta…) combinada có teu “animal print” favorito, tamén é unha opción fantástica.

E se ainda queres reservarte un pouco máis, os complementos ó pescozo ou os bolsos, poden axudarte a dar coa nota diferenciadora do teu estilo.

Os accesorios como alternativa chic

Como decíamoste no punto anterior, non podemos esquecer os complementos nesta tendencia.

Complementos animal print

Cinturóns, bolsos, fulares, zapatos e incluso lentes, poden ser un moi bo xeito de introducirte no “animal print”. Ademáis, con eles vas conseguir un aspecto “cool”, tanto se buscas arranxarte para un evento formal como casual.

Atrévete a misturalos con jeans, vestidos, saias, pantalóns… ¡Tes moitas opcións!!

¿Cómo combino a miña roupa «animal print»?

Imos proporte nada máís e nada menos que 6 combinacións coas que seguro acertarás ó vestir esta tendencia. ¿Comezamos?

Leopardo e denim

Tendencia "animal print": Leopardo y denim

Julia Hengel

Esta é unha aposta segura e unha combinación na que fixaríaste en máis dunha ocasión. É tan sinxela de lograr tanto en prendas superiores como inferiores que apostamos a que a dominarás ó primeiro intento.

Proba cunha cazadora vaquera e unha saia de tubo oú ó revés; uns jeans cunha gabardina de leopardo e unha camiseta básica en branco ou negro con serigrafía quedaráche xenial.

https://www.instagram.com/p/BmBo1ZeF1YR/?utm_source=ig_web_copy_link

En chicos, unha chaqueta skinny cun pantalón desgastado oscuro ou unha camisa de leopardo sobre camiseta branca vaiche sentar de luxo.

Granate e cebra

"Animal print": Granate y cebra

Sincerelyjules

Con él, conseguirás un look sofisticado e elegante. Non precisas máis que un xersey de punto nesta cor, combinado cun fular estampado en cebra.

Esta combinación tamén podes atopala conxuntamente en bailarinas e outros estilos de zapato, en bolsos e sobre todo en vestidos longos axustados e ao voo.

Outros patróns clásicos con leopardo

Sí, como les. Pensa neste estampado como unha cor neutra e seráche máis doado de imaxinar. Combinado con tonos terra (marrón chocolate, beige, ocres, pedra…) en camisa de cuadros grandes e  nunha chaqueta con este estampado queda xenial.

Animal print combinados con otros patrones

Incluso un vestido curto ó que se lle sume un complemento de cuadros, pode resultar espectacular.

As raias (parecidas ó patrón da cebra) tamén son moi combinables elixindo vestir ó “animal print” nun sinxelo adorno como convertindoo na prenda principal do teu modelo.

Laranjas e cítricos

Animal print: Naranjas y cítricos

Dado que salvo o patrón de cebra todos contan cuns tonos base similares (serpe, tigre, leopardo), as combinacións de cores fortes como a laranja ou amarelo (dende o tono máis claro ó máis oscuro) son unha aposta perfecta.

Non te limites só a usar accesorios con estas cores. Unha gabardina, unha saia de polipel ou un zapato de ante lucen realmente ben con estes estampados.

O clásico branco e negro

Animal print: Tendencia blanco y negro

Seams for a desire

Pode que pareza unha combinación moi trillada, pero sen dúbida non pasa de moda e é moi sinxela de conseguir.

Se queres darlle un toque desenfadado ou “street style“, introduce na ecuación algunha camiseta con mensaxe ou “branding” ou ben, blusas con líñas asimétricas ou plisadas.

Os mozos tamén o teñen doado neste caso. Por exemplo, se misturas uns pantalóns “skinny fit” de leopardo gris combinados cunha chaqueta negra ou camiseta lisa da mesma cor, vas conseguir unha composición magnífica.

Fantasía e neón, a derradeira tendencia “animal print”

¿Estás á procura de algo máis atrevido e rompedor? Propoñémoste logralo cuns acabados novedosos e non aptos para cualquera. Convertíronse nun auténtico boom no mundo do “animal print” nos derradeiros desfiles de pasarela.

Poderás aplicalos en pequenos detalles como carteiras, zapatos, panos e bolsos, nos que predomina o estampado pitón. Tamén podes arriscarte ó máximo cunha saia vaporosa ou un vestido multicores do máis diferente.

Moi favorecedores en verán para sair de festa e destacar o teu bronceado.

Pantalón estampado pitón color flúor

Indigital

Hora de poñelo en práctica

A partir de aquí, é o teu momento para poñelo en uso.

Se o necesitas, en Green & Grey podémoste axudar a decidirte polo modelo “animal print” que máis te guste. Para abrir boca cal “feroz urbanita”, podes botarlle un vistazo á nosa colección.

Cóntanos qué te parece esta tendencia, se usas estos estampados habitualmente ou se, polo contrario, es d@s que non atrévese a incorporalo ó seu outfit. Encantaranos saber cómo os combinas, cales son os trucos que segues e cál é a prenda deste estilo que máis te pos.

¡Ah! E se gustouche, comparte o artigo en redes sociais e ¡atrévete a etiquetarnos en Instagram xunto a unha foto ensinándonos o teu lado más salvaxe!

Suscribirse
Notificar de
guest
0 Comentarios
Comentarios en línea
Ver todos los comentarios

Pin It on Pinterest